

Benvido á páxina oficial da Banda de Música de Arca.
Aquí poderás encontrar información sobre esta centenaria banda galega: a súa historia, os seus compoñentes, o repertorio, etc. Tamén informaremos das actividades que estamos realizando e de calquera outra cousa que sexa de interés.
Sen máis, esperamos que a tú visita sexa agradable e amena.
Ponte Carreira (Frades)
Castrofeiro (O Pino)
Sigüeiro
Boente (Arzúa)
Festas do Patio (Santa Cruz de Ribadulla)
Concerto de Nadal
Data: 27 de Decembro, 19:30h
Lugar: Centro Cultural Luís Seoane (Arca, O Pino)
Acabamos de estrenar...
- Armenian Dances, part I, de Alfred Reed
Estamos preparando...
- Charles Chaplin, de Chaplin, Defange, Wilson, Phillips y Parson
A Banda de Arca quere invitarvos ao seu tradicional Concerto de Nadal. O concerto terá lugar no Centro Cultural Luis Seoane en Arca (O Pino), o sábado 26 de Decembro, ás 19:30h. O repertorio inluirá algúns dos temas cos que acudimos ao III Certame Galego de Bandas, ademais de varias sorpresas que preparamos para a ocasión.
Esperamos a vosa asistencia e desexámosvos unhas moi felices festas.
Desde a Banda de Música de Arca queremos dar as gracias a todos aqueles que nos apoiaron durante a nosa actuación no III Certame Galego de Bandas de Música. Gracias a todos vós, conseguimos acadar o 2º posto da 3ª Sección. Tamén queremos felicitar á banda gañadora, a Banda da Escola de Música de Candeán, así como ao resto de agrupacións participantes. O acontecido no Auditorio de Galicia mostra sen dúbida o gran nivel musical presente en Galicia. Desde aquí, a nosa noraboa a todos.
O día 27 de Novembro comezará no Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares, no que a Banda de Música de Arca tentará acadar o primeiro posto. Esta é a segunda participación da Banda. Na primeira, recordamos, acadamos o segundo posto tras unha reñida votación.
Esperamos, como vides demostrando desde hai tanto tempo, o voso apoio nun momento tan importante para nós. Para aqueles que non puideron asistir na anterior ocasión, deixámosvos cunha das interpretacións da Banda de Aca que máis éxito tivo entre os nosos seguidores.
Despois de acadar o 2º posto no II Certame Galego de Bandas, a Banda de Música de Arca presentarase a esta nova edición para revalidar, se non superar, o resultado acadado. As bandas participantes na Sección Terceira son (por orde de actuación):
Dito certame terá lugar os días 27, 28 e 29 de Novembro no Auditorio de Galicia. Manterémosvos informados, pero podedes atopar máis información na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Banda de Música de Arca © 2010